top of page

A ESCOLA

A Escola Lucense de AIKIDO comeza a súa andaina no curso 2013 - 2014, por iniciativa da Asociación

Cultural e Deportiva AIKIDO LUGO, que reúne a un grupo de alumnos que viñan practicando esta disciplina en diversos ximnasios da cidade, e xunto coa colaboración do Concello de Lugo. 

A Escola Lucense de AIKIDO conta con preto de 50 alumnos, dirixidos polos técnicos Philippe Le Gall e Araceli Vázquez, organizados en diferentes categorías ou seccións. Adultos, infantís e xuvenís e un grupo específico de mulleres.

A Escola conta con dúas localizacións na cidade, nos tatamis de Frigsa e As Pedreiras (ver contacto), realiza seminarios, exhibicións e xornadas de portas abertas para divulgar esta disciplina.

A Escola Lucense de AIKIDO forma parte da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE TÉCNICOS DE AIKIDO - AETAIKI.

original 3_111
original 3_48
original 3_89
original 3_21
bottom of page